NORMATIVA

NORMATIVA DAS ACTIVIDADES

  • -Todas as actividades son gratuítas, previa inscrición na páxina edicionveran.compostelailustrada.com
  • -Cada actividade terá un aforo máximo de 15 persoas, salvo as conferencias, que serán de 50 prazas.
  • -Unha vez formalizada a inscrición, chegarache un correo electrónico de confirmación que cumprirá amosar na porta de entrada das actividades.
  • -Non se poderá acceder a ningunha actividade sen estar rexistrado.
  • -A tarde de conferencias reservarase cunha única inscrición para todas elas.
  • -A actividade de debuxo de mural de María Herreros, os días 7 e 8 de agosto nos soportais do Museo das Peregrinacións, non precisa reserva por ser ao aire libre, aínda que si se manterá a distancia de seguridade.
  • -As actividades están destinadas a persoas maiores de 18 anos.
  • -Será obrigatorio o uso de máscara sanitaria.
  • -Gardarase a distancia de seguridade e disporase de xel hidroalcohólico en todas as actividades.
  • -Cada participante traerá o seu propio material de debuxo.
  • -Rógase chegar con 10 minutos de antelación.
  • -Para calquera dúbida, podes poñerte en contacto connosco en info@compostelailustrada.com

Ao longo deste mes de agosto terán lugar por toda a cidade un conxunto de actividades deseñadas polo Concello de Santiago e Compostela Ilustrada nas que se mesturan, coma sempre, debuxo e cultura, e nas que contaremos cunhas invitadas de primeiro nivel para que ninguén deixe encerradas na casa as acuarelas e os cadernos.

Nesta Edición Verán, visitarannos, a nosa directora Maru Godas, que impartirá un obradoiro con viño; a ilustradora valenciana María Herreros, que realizará o tradicional mural en directo, charlará do seu traballo e dará un obradoiro de retrato; Catalina Rodríguez, que vén desde Asturias para ofrecernos un obradoiro de como ilustrar ioga e para falar do seu último proxecto sobre os camiños; Luis Ruiz Padrón que aterrará desde Málaga para ensinarnos a debuxar grandes arquitecturas, presentar os seus libros e contar o seu traballo no xornalismo ilustrado; a ourensá MeliMolita, gañadora do Premio Compostela Ilustrada do pasado ano, que nos aprenderá a debuxar no Mercado de Abastos, onde teremos unha exposición Pop-up dos traballos de Laurent Corvaisier sobre a praza; e o colectivo de Bosquejeros, que nos presentará a súa experiencia durante o COVID realizando retratos da Residencia Volta do Castro de Santiago.

Descarga o programa completo

ACTIVIDADES

  • María Herreros é unha artista multidisciplinar que leva traballando como freelance desde o ano 2011. As súas obras ocuparon paredes de museos de todo o mundo, entre eles Nova York, Os Ángeles ou Montreal. Os seus traballos preséntanse en revistas como Vogue, Yodona ou Cinemanía e ten catorce libros publicados en diferentes editoriais.

    Coñecendo a María Herreros

    Venres 7 de agosto
    16:30 a 17:30 h
    Librería Cronopios
    Non quedan prazas

    Coñecendo a María Herreros. Entrevista: Mercedes Corbillón

    Venres 7 de agosto
    16:30 a 17:30 h
    Librería Cronopios - Rúa de Alfredo Brañas, 24

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Maria Herreros, artista con base en Barcelona desde onde desenvolve o seu traballo cara ao resto do mundo. Con proxectos que van desde a ilustración e o mural ata a obra persoal en pintura; trata de expresar o máis instintivo do ser humano, desde un estilo característico que baila entre o belo e o grotesco.

    Obradoiro de retrato

    Sábado 8 de agosto
    18:00 a 19:00 h
    A Horta do Obradoiro
    Non quedan prazas

    Obradoiro de retrato de María Herreros

    Sábado 8 de agosto
    18:00 a 19:00 h
    A Horta do Obradoiro - Rúa das Hortas, 16

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Catalina Rodríguez Villazón. Artista asturiana residente en Madrid. A acuarela é a súa técnica favorita. Combina o seu traballo persoal con encargos e colaboracións de deseño e ilustración. Impartiu talleres en Grecia, Portugal, Cuba, O Xapón, Italia ou Croacia, e os seus traballos expuxéronse en España, Tokio, Portugal e Inglaterra.

    Debuxando ioga

    Martes 11 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    O Xardín de Julia
    Non quedan prazas

    Debuxando ioga con Catalina Rodríguez

    Martes 11 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    O Xardín de Julia - Rúa da Virxe da Cerca, 20

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Catalina Rodríguez – Dous Camiños.Luis Ruiz Padrón – Xornalismo Ilustrado.Olga López – Retratos da Pandemia.Entrevista: Maru Godas

    Experiencias debuxadas

    Martes 11 de agosto
    16:00 a 19:00 h
    Auditorio do Museo das Peregrinacións
    Non quedan prazas

    Experiencias debuxadas. Entrevista: Maru Godas

    Martes 11 de agosto
    16:00 a 19:00 h
    Auditorio do Museo das Peregrinacións. Praza das Praterías, 2

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Luis Ruiz Padrón. Doutor en Arquitectura, colabora semanalmente cos xornais La Opinión de Málaga e Diario SUR; neste último está a cargo da contraportada dos domingos, a cal ocupa cunha crónica debuxada e escrita da cidade. É presidente da Asociación Cultural Malagráfica, organizadora dos encontros de debuxo do mesmo nome.

    Debuxando a Biblioteca de Galicia

    Mércores 12 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    Biblioteca de Galicia
    Non quedan prazas

    Debuxando a Biblioteca de Galicia con Luis Ruiz Padrón

    Mércores 12 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Maru Godas. Ilustradora freelance e cadernista, leva anos traballando no mundo da animación, tipografía, deseño web e fotografía. É unha das debuxantes catalás máis recoñecidas no ambiente dos sketcher, ten colaborado con Planeta de Agostini, RBA, National Geographic ou La Caixa, e publicado libros ilustrados, o máis recente Belleza Orgánica para a editorial Gustavo Gili.

    A Cata Ilustrada. Debuxando con viño

    Mércores 12 de agosto
    18:00 a 19:00 h
    Café de Altamira
    Non quedan prazas

    A Cata Ilustrada. Debuxando con viño con Maru Godas

    Mércores 12 de agosto
    18:00 a 19:00 h
    Café de Altamira. Rúa das Ameas, 9

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • Luis Ruiz Padrón trae a Compostela o sur de España cos seus diarios urbanos onde retrata o seu Málaga natal e a magnífica Alhambra de Granada. Os seus trazos áxiles, a modo de pequenos apuntamentos, mostran a súa destreza como arquitecto e Urban Sketcher cun estilo moi persoal.

    Presentación de libros

    Mércores 12 de agosto
    20:00 a 21:00 h
    Libraría Couceiro
    Non quedan prazas

    Presentación de libros de Luis Ruiz Padrón

    Mércores 12 de agosto
    20:00 a 21:00 h
    Libraría Couceiro. Praza de Cervantes, 6

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade

  • MeliMolita. Desenvolve a súa actividade artística ao redor da ilustración e a animación audiovisual, e nela destacan os mapas debuxados para Camiño: a orixe (Cidade da Cultura) e a animación gañadora do Premio de Creación Audiovisual do Certame Xuventude Crea 2013. As súas pezas participan nas exposicións Parque de Animagem (Parque Doa Lindu de Recife, Brasil) e Perspectives París, na galería Wagram, entre outras.

    Debuxando no Mercado

    Xoves 13 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    Aula de Formación do Mercado de Abastos
    Non quedan prazas

    Debuxando no Mercado de Abastos con MeliMolita

    Xoves 13 de agosto
    10:00 a 11:00 h
    Aula de Formación do Mercado de Abastos. Rúa das Ameas s/n

    Nome:

    Apelidos:

    DNI:

    E-mail:

    Teléfono:

    Dou o meu consentimento para que Compostela ilustrada poida facer uso ou publicar en calquera medio as imaxes nas cales aparezco individualmente ou en grupo en relación a esta actividade.

    Lin e acepto a política de privacidade